Thursday, July 16, 2020

Causas De Forza Maior Obrigan A Aprazar A Andaina Inclusiva De Cor Sportodas


  • A organización da iniciativa decidiu, por causas de forza maior, aprazar o evento inclusivo previsto para este venres en Mugardos.

A Andaina de Cor Inclusiva pola Igualdade Sportodas quedará aprazada até novo aviso, por causas de forza maior. O evento holi, previsto para este venres ás 11.00 h., será realizado tan pronto coma desde concello de Mugardos e ASCM garantan a posibilidade da súa celebración efectiva. Desde ASCM queremos pedir desculpas polas molestias causadas e emplazar á cidadanía interesada en participar a continuar realizando as súas inscricións, na seguinte ligazón, Formularios Andaina. 

O evento é de carácter gratuíto e haberá sorpresas e agasallos para as persoas participantes. O percorrido será de, aproximadamente 1,0 km, e a entrega de dorsais se realizará no Polideportivo de "O Cristo". Ao termo do evento se lerá un manifesto pola igualdade das mulleres. 

Nesta iniciativa participan concello de Mugardos, Asociación Sociocultural ASCM e a asociación mugardesa, AMMI. O evento holi consiste nunha andaina inclusiva, de carácter interxeneracional, tinguida de cor con polvos holi, de carácter ecolóxico e biodegradable, para que a iniciativa poida ser realizada con total seguridade. Para calquera aclaración ou consulta, poden enviar un mail a comunicacionascm@gmail.com ou chamar ao 981 35 14 30.

Reiteramos as nosas desculpas polas molestias causadas e agradecemos o apoio da cidadanía con este tipo de eventos inclusivos para todas as persoas. 


More articles

No comments: